Pónse en marcha o novo boletín informativo do CPXG

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia inicia a difusión un boletín especial para colexiados e colexiadas co que a partir de agora se vai informar, cada dous meses, de toda a actividade institucional realizada.

O boletín informativo do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia que se estrea este mércores irá dirixido a todas as colexiadas e colexiados cunha periodicidade bimestral. Neste seu primeiro número destácanse, entre outras cuestións, a nova Xunta de Goberno do Colexio, o peche do primeira edición de Xornalismo na Escola ou a abertura dun espazo de traballo para membros do CPXG. 

Este boletín súmase ao F5, Boletín da Comunicación de Galicia, semanal, de carácter máis xeral e aberto a todas as persoas interesadas, que poden subscribirse para recibilo no formulario da portada de xornalistas.gal

CPXG