Proclámase como definitiva a candidatura presentada á demarcación de Ourense

Rematado o prazo de reclamacións, tal e como estipula o Regulamento das demarcacións, e ao non realizarse ningunha, a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia procede a proclamar como definitiva a candidatura presentada na demarcación de Ourense.

A candidatura proclamada é a seguinte:

  • Alba Chao Vázquez
  • Jorge Isla Rodríguez 

 

Ao ter concorrido unha soa candidatura, esta queda proclamada sen necesidade de votacións, ficando así o proceso electoral pechado. 

Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia