Resolución do Consello de Dereitos Humanos da ONU para a seguridade dos xornalistas

Sede en Xenebra do Consello dos Dereitos Humanos da Organizacións de Nacións Unidas (Foto: Ludovic Courtès)

O Consello dos Dereitos Humanos da Organización das Nacións Unidas (ONU) aprobou a semana pasada unha resolución con recomendacións e propostas para reforzar a seguridade dos informadores.

O Consello dos Dereitos Humanos da Organización das Nacións Unidas aprobou o pasado 29 de setembro a resolución A / HRC / 33 / L.6, adoptada sen necesidade de votación, na que realiza unha serie de recomendacións e propón medidas para reforzar ou facer efectiva a seguridade dos informadores, ademais de reclamar a liberdade de todos os xornalistas encarcerados.

A resolución do Consello condena inequivocamente todos os ataques e a violencia contra os xornalistas e traballadores de los medios; exhorta aos Estados a crear e manter un entorno seguro e propicio para que os xornalistas realicen o seu traballo de forma independente e sen interferencias e pide aos Estados desenvolver e implementar estratexias para combatir a impunidade dos ataques e a violencia contra os xornalistas.

Insta tamén aos Estados a introducir políticas e prácticas para o cumprimento das súas obrigas e compromisos en virtude dos dereitos humanos e convídaos a compartir información sobre o estado das investigacións sobre os ataques e a violencia contra periodistas. Por último, solicítase ao Alto Comisionado que prepare un informe cun resumo de los mecanismos disponibles para garantir a seguridade dos xornalistas para presentar ao Consello.

As organizacións de xornalistas recibiron esta resolución con ledicia e unha certa cautela. A Federación Internacional de Xornalistas lembrou que son precisas accións que acompañen os posicionamentos  para evitar as mortes de xornalistas. Pola súa banda, o Comité para a Protección dos Xornalistas chamou tamén a realizar “accións máis concretas, incluíndo a revisión dos marcos legais que ameazan a independencia dos medios”.

CPXG