RTVE terá un Observatorio de Igualdade de Xénero

Estudios de Radio Televisión Española en Prado del Rey (Foto: Daniel Sánchez Badorrey (CC BY-SA 4.0))

O Consello de Administración de Radiotelevisión Española aprobou onte a creación dun Observatorio de Igualdade de Xénero, unha proposta incluída no borrador do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. A creación deste órgano xa fora formulada, pero rexeitada pola maioría do consello. 

O borrador do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, aprobado este luns por unanimidade na subcomisión do Congreso, insta a Radiotelevisión Española a crear un Observatorio de Igualdade de Xénero no seu seo. Hoxe sométese o borrador á Comisión de Igualdade no Congreso dos Deputados e en setembro trasladarase ao Pleno da cámara. 

O documento pide, ademais da creación do observatorio, que pide se inclúa formación especializada "en comunicación e xénero, con especial incidencia no tratamento relacionado coa violencia contra as mulleres". Ademais, chama a "incorporar criterios relacionados coa igualdade e a prevención da violencia de xénero na selección, polo comité de cinema de RTVE, dos proxectos cinematográficos financiados".

reivindicación da creación do Observatorio xa fora levada ao Consello de Administración da corporación. A iniciativa, presentada polo conselleiro proposto polo PSOE, só acadara daquela o apoio de dous membros dos nove que formaban o Consello: el mesmo e a conselleira nomeada a proposta de IU.Onte, na reunión do consello de administración, aprobouse finalmente pólo en marcha.

CPXG