Xornalismo na Escola 'la Caixa' estará a vindeira semana en Santiago e Redondela

O xornlista Davide Fernández no CPI Pecalama de Tordoia

'Xornalismo na Escola "la Caixa"', a iniciativa posta en marcha polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social ‘la Caixa’, impartirá seis obradoiros en Santiago (martes 30 e venres 3) e Redondela (xoves 2 e venres 3), cos que rematará o mes de abril e dará comezo o de maio.

O programa didáctico sobre os medios de comunicación do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social ´la Caixa` visita esta semana o IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela, o IES Illa de San Simón de Redondela e o IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela, co seguinte programa: 

  • Martes 30 de abril, IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela entre as 18.30 e 19.45 horas a cargo de Susana Bastón Carballo.
  • Xoves 2 de maio, IES Illa de San Simón de Redondela entre as 9.00 e 10.40 horas a cargo de Alfonso González Redondo.
  • Venres 3 de maio, IES Illa de San Simón de Redondela entre as 9.50 e 11.30 horas e  entre as 12.00 a 13.40 horas a cargo de Alfonso González Redondo.
  • Venres 3 de maio, IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela entre as 10.45 e 11.35 horas e entre as 11.35 a 12.25 a cargo de Davide Fernández García.

 

Estes obradoiros forman parte dun total de 90 que pretenden chegar a miles de rapaces e rapazas de toda a comunidade. Susana Bastón Carballo, Pablo Díaz Bouza, Davide Fernández García, David Fontán Bestilleiro, Alfonso González Redondo e Edgar Melchor Fernández son os e as xornalistas –todos eles con ampla traxectoria profesional– que están impartindo talleres en distintas localidades galegas.

Durante os meses de febreiro, marzo, abril e maio, os seis xornalistas tratarán de fomentar que a xuventude galega coñeza o funcionamento dos medios de comunicación, así como estimular o seu espírito crítico ante os contidos que se difunden nos distintos soportes offline e online. Deste xeito, os alumnos tratarán temas como os riscos e vantaxes das novas tecnoloxías de información e a comunicación (TIC), a necesidade da mediación e o contraste de fontes no xornalismo ou, tamén, como lle afecta á xente nova a veracidade e o rigor xornalístico.

Este proxecto, que se pode seguir en twitter baixo o hashtag #XornalismoNaEscolalaCaixa, naceu grazas a un acordo acadado a finais de 2015 entre o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social La Caixa. As tres primeiras edicións de ‘Xornalismo na Escola “la Caixa”’ desenvolveron con grande éxito no 2016, 2017 e 2018 uns 250 talleres de comunicación nun cento de puntos da xeografía galega, levando estes obradoiros a miles de alumnos e alumnas da comunidade.

A Obra Social ‘la Caixa’ está a levar esta iniciativa a outras cidades e comunidades autónomas, onde xa hai algúns anos que se puxo en marcha o proxecto. Cataluña, Sevilla e Madrid son algúns deses lugares onde se ven celebrando obradoiros de similares características.

CPXG