Martes, 07 de setembro de 2010 | 05:56

[17/11/2009] O prematuro e inesperado falecemento do xornalista David Gil Mariño, que morreu a noite do sábado aos 32 anos dun fallo cardíaco, causou unha gran consternación tanto na súa cidade natal, Vigo, como en Santiago, onde traballaba como director da emisora compostelá de Radio Nacional de España en Galicia desde 2007, tarefa que simultaneaba coa de redactor e locutor.
Os traballadores de RNE en Galicia destacaron onte a "extraordinaria valía" do xornalista falecido. Nun comunicado, os seus compañeiros resaltaron que, pese ao cargo de director da emisora compostelá, "era un máis da redacción". "Así se consideraba el, así o considerabamos nós", indicaron, e engadiron que "era un exemplo a seguir para moitos. Deixa o listón moi alto a nivel laboral e, sobre todo, a nivel humano".