A PRESENTACIÓN SERÁ O VENRES 14 DE SETEMBRO
Lanzan a revista norteamericana 'Esquire' en España
[05/09/2007] Fundada en 1933 pola editora Hearst Corporation, 'Esquire' presentouse no mercado como unha picante publicación para homes, aínda que axiña se redefiniu e centrouse en moda e tendencias, dando un importante valor á información como instrumento de poder.
Agora sae en España co xornalista Andrés Rodríguez como editor. A presentación será o venres día 14 e no acto, xunto a Andrés Rodríguez, ex xornalista do Grupo Prisa, intervirá o embaixador de Estados Unidos.
Desde os seus inicios, Esquire apostou por traballar cos escritores americanos máis importantes. F. Scott Fitzgerald, William Faulkner, Tom Morgan, Norman Mailer, Tennessee Williams, John Gunter, Tom Wolfe, Truman Capote e o xigante literario Ernest Hemingway escribiron relatos e artigos na revista.
Grazas á súa aposta por contidos informativos nos anos 60 Esquire foi unha revista pioneira na tendencia do 'novo xornalismo', unha corrente xornalística que combina literatura e investigación e que se acuñou por mor da publicación da sangue frío, de Truman Capote.
A súa arriscada e valente aposta editorial fixo que Esquire realice reportaxes de gran calado social, con personaxes carismáticos e interesantes nas súas portadas. De feito, foi a única revista con 4 portadas na lista das 40 portadas máis importantes da historia, segundo a Sociedade Americana de Editores de Revistas.
Conta con 12 edicións en todo o mundo, e cada unha mantén as súas propias características e total independencia editorial. Nos últimos 10 anos, a edición americana de Esquire foi proposta para 41 National Magazine Awards e gañou 10 deles.
A palabra Esquire é, en inglés, unha forma de tratamento como en español Don. En Estados Unidos utilízase exclusivamente en documentos oficiais, ao final do nome dunha persoa que é avogado, e adoita aparecer de forma abreviada, Esq. Por exemplo: "Rodrigo Rodríguez-Cano, Esq."
XORNAL
MADRID