[28/08/2008] A Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP) observa con pesar que o lutuoso suceso de Barajas está servindo, unha vez máis, para que algúns medios de comunicación, sobre todo televisivos, saquen o peor do seu quefacer mediático para disfrazalo de información e ofrecer un espectáculo morboso.
Os profesionais da información non podemos senón pedir desculpas ás vítimas e aos seus familiares por estas actuacións lamentables nas que se ven involucrados algúns dos nosos colegas que, por suposto, negamos que neses momentos estean exercendo de xornalistas, posto que neses supostos non están garantindo o dereito á información de interese público, senón buscando audiencia coa dor alleo.© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS