[20/10/2009] A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) quere rexeitar publicamente a actitude dalgunhas das persoas que acudiron á manifestación convocada por 'Queremos Galego' en Santiago e que increparon ao compañeiro da TVG mentres informaba en directo da mobilización.
A Xunta de Goberno do CPXG entende que estas accións son presións contra os xornalistas, inadmisibles para o normal desenvolvemento do seu traballo, e lembra aos participantes que o informador traslada á opinión pública feitos, datos e declaracións a través dun medio, independentemente de que comparta ou non a súa liña editorial.© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS