Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Venres, 10 de setembro de 2010 | 13:31

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

ABERTO O PRAZO ATA O 15 DE FEBREIRO

Convócase o certame de Xornalismo Cultural 2009 organizado polo CPXG e AELG

[20/01/2010] Por cuarto ano consecutivo, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) convocan o premio de Xornalismo Cultural.

Proposta de candidatos/as

As candidaturas terán que ser presentadas antes do vindeiro 15 de febreiro cunha única proposta para a persoa coa mellor traxectoria no xornalismo cultural no ano 2009. Os envios, sempre con identificación do/a remitente, poderán facerse polas vías habituais:

Por correo postal á sede do CPXG: Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, San Pedro de Mezonzo 36, 1º, 15701 Santiago de Compostela; por fax ó 981 935 669; ou no correo electrónico xornalistas@xornalistas.com

Co conxunto das propostas dos colexiados/as e dos socios/as da Aelg elaborarase a listaxe de finalistas desta categoría, que se fará pública o día 19 de febreiro na web do CPXG, xornalistas.com, na da AELG e a través dos medios de comunicación, abríndose ese mesmo día a segunda fase do proceso de votación.

As votacións

Aos colexiados/as poderán votar ós candidatos a través da intranet na web do CPXG. A votación quedará pechada o 12 de abril.

Levantarase acta do conxunto de votos dos colexiados/as e dos socios/as da Aelg recibidos en presenza dun notario.

O fallo darase a coñecer no marco da Cea das Letras, que terá lugar o día 17 de abril.

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación