Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Venres, 10 de setembro de 2010 | 13:29

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

CONSIDERA QUE PREVALECE A LIBERDADE DE EXPRESIÓN EN CONTEXTOS DE CONTENDA POLÍTICA

O Supremo revoga a sentenza que condenaba á Cope e Jiménez Losantos a indemnizar a ERC

[05/02/2010] O Tribunal Supremo revogou a sentenza que hai dous anos condenou á Cadena Cope e a Federico Jiménez Losantos a indemnizar con 60.000 euros aos dirixentes de Esquerra Republicana de Catalunya, Carod-Rovira e Joan Puigcercós.

Aquela sentenza condenábaos "por considerar unha intromisión ilexítima na súa honra o difundir que ERC e os seus dirixentes eran aliados de ETA" ao manter un encontro con eles en Perpiñán, así como contar nas súas filas con ex membros de Terra Lliure.

A Sala do Civil do Tribunal Supremo por sentenza de 26 de Xaneiro de 2.010, coñecida o xoves, da que foi relatora o maxistrado D. Xavier O'Callagham, estimou o recurso de casación interposto pola Cadena COPE, asistida polo letrado D. Jose Manuel Villar Uribarri, revogando a sentenza da Audiencia Provincial de Barcelona que lle condenou, xunto con D. Federico Jiménez Losantos a indemnizar a D. Josep Lluís Carod-Rovira, D. Joan Puigcercós e Ezquerra Republicana de Catalunya con 60.000 euros por considerar unha intromisión ilexítima na súa honra o difundir que o partido Esquerra Republicana e os seus dirixentes eran aliados do grupo terrorista ETA ao manter un encontro con eles na localidade de Perpiñán, así como contar nas súas filas con ex membros de "Terra Lliure".

A sentenza do Tribunal Supremo reforza a prevalencia da liberdade de expresión respecto do dereito á honra en contextos de contenda política, pois así o requiren o pluralismo, a tolerancia e o espírito de apertura, sen os cales non existe sociedade democrática.

Así mesmo o Tribunal Supremo destaca que o locutor e a Cadena fomentaron a crítica en orde á política antiterrorista daquel momento do Goberno e o feito xa noticiado da súa pasividade ante a posible reunión entre membros do grupo terrorista e integrantes do referido partido político no marco da crítica política.

INFOPERIODISTAS

© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación