Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Venres, 10 de setembro de 2010 | 13:39

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

O COMEZO DA FIN DE 'LA VOZ DE ASTURIAS'

O Grupo Zeta deixa a 40 traballadores na rúa nun ERE

[08/02/2010] O ano pasado 15 traballadores do diario asturiano La Voz de Asturias levaron a xuízo ao Grupo Zeta para conseguir un contrato. Estes redactores e fotógrafos gañaron o xuízo e o recurso da empresa perante o Tribunal Superior de Xustiza de Asturias.

Hai uns días estes 15 traballadores e 25 máis foron despedidos no ERE presentado polo Grupo Zeta ao mercalo o diario Público.

A partir do 1 de Febreiro, La Voz de Asturias véndese xunto co diario Público, sendo esta unha delegación Norte do grupo Mediapro, á que pertence Público. 40 dos 66 traballadores foron despedidos, entre eles os redactores-xefes e xefes de sección co que pode dicirse que La Voz de Asturias rematou a súa existencia o pasado 04 de Febreiro do 2010, pasando a depender dun diario foráneo e alleo aos intereses de Asturias.

La Voz de Asturias vai perder definitivamente a súa autonomía, aínda que Público subliñou que vai manter o seu cabezallo inalterábel.

Os traballadores que gañaron a demanda ao Grupo Zeta queixanse de que a súa demanda fora utilizada para xustificar o ERE, aínda que en realidade parece vir da precaria situación económica do cabezallo (perdeu un millón e medio de euros no 2009), o que fixo que o Grupo Zeta se desinteresara do xornal asturiano, antes de intentar recuperalo.

Os traballadores de La Voz de Asturias abriron un espacio Facebook onde se pode mostrar o apoio e que conta con máis de 1.400 amig@s.

ARUELU

© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación