[09/04/2010] Hoxe cúmprense dez anos da asemblea constituinte do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Un acto que culminou un proceso de ilusión, compromiso e xenerosidade por parte de todos os que se implicaron nel e de toda a profesión, que respondeu dunha maneira que ninguén, posiblemente nin os seus impulsores, agardaban que fose tan decidida e tan sólida.
Sobre todo porque contradicía, en entusiasmo, unión e eficacia, a tradición individualista do noso colectivo. Foi un proceso que hoxe mesmo temos que recoñecer como sorprendente, e polo mesmo temos que erguer un recoñecemento sincero aos impulsores, á comisión xestora, aos dous decanos que continuaron aquel esforzo, aos integrantes das xuntas de goberno e, ante todo, aos que participaron e participan naquel afán, e que decidiron que aquel proxecto se fixese entón realidade e agora o siga sendo, coas luces e as sombras que hai en calquera percorrido.Xosé María García Palmeiro, Xosé Manuel Pereiro e Xosé Manuel Vega, os tres decanos que tivo o CPXG nos seus dez anos de vida
© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS