Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Domingo, 19 de maio de 2013 | 21:23

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

DESFRUTARÁN DAS VANTAXES DO CPXG GRATIS ATÉ REMATAREN OS ESTUDOS

Os estudantes de segundo ciclo da Facultade de Ciencias da Comunicación poden colexiarse sen ningún custo

[05/04/2011] Se es estudante de segundo ciclo da Facultade de Ciencias da Comunicación, xa podes colexiarte no Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) sen ningún tipo de custo até rematares os estudos.

Así, de maneira gratuíta, podes aproveitar todas as vantaxes de estar colexiado, como estar ao día de todo o que acontece na profesión, contar con asesoría xurídica de balde, gozar de descontos e tarifas especiais en numerosos productos e servizos (hoteis, museos, transportes, cines, librarías...) ou seguir os cursos de formación organizados polo CPXG.

Para colexiarte só tes que cubrir este formulario. Se tes algunha dúbida, podes contactar co CPXG na sede de Santiago de Compostela (San Pedro de Mezonzo 36, 1º), no teléfono 981 935 670 ou por correo electrónico escribindo para xornalistas@xornalistas.com. Tamén podes atoparnos no Facebook e no Twitter.

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia leva once anos defendendo os dereitos dos xornalistas, tentando mellorar as condicións de traballo dos profesionais galegos e traballando para garantir a súa independencia e liberdade informativa.

CPXG

Documentos

© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia