COMUNICADO DO FORO DE ORGANIZACIÓNS DE XORNALISTAS
Mesa do sector da comunicación
[18/07/2012] O Foro de Organizacións de Xornalistas (FOP) foi recibido na mañá de onte pola Secretaria de Estado de Comunicación do Goberno, Carmen Martínez de Castro.
O obxectivo desta reunión era interiorizarse da inquietude destas organizacións sobre a necesidade de que se constitúa unha ampla mesa sectorial da comunicación que aborde os graves problemas da actual crise e estableza pautas para superar esta situación.
A delegación do FOP expúxolle á señora Martínez de Castro que gran parte dos problemas actuais son previos a esa crise, que teñen carácter estrutural e que carece de sentido que unha vez superada a actual crise a industria da comunicación española siga nela.
Entregar á Secretaria de Estado un primeiro borrador de mínimos que debería abordar esa mesa que debe estar integrada, en opinión do FOP, polas asociacións empresariais e as organizacións profesionais e sindicais do ámbito da comunicación mesmo e que debe contar coa presenza da Administración.
A señora Martínez de Castro interesouse pola iniciativa e mostrouse coincidente con gran parte do exposto polo FOP e concluíu manifestando o interese da súa Secretaria polo proxecto e prometendo o seu apoio para impulsalo.
En representación da FeSP asistiron ao encontro o seu secretario xeral, Dardo Gómez, e o secrerio xeral do Sindicato de Periodistas de Madrid (SPM), Agustín Yanel.
O FOP está integrado por: Periodistas de CCOO, Agrupación General de Periodistas de UGT, Asociación Nacional de Informadores Gráficos de Prensa y Televisión (ANIGP-TV), Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Col·legi de Periodistes de Catalunya, Colegio Oficial de Periodistas de la Región de Murcia, Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP) e Sindicat de la Imatge-UPIFC.
FOP