Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Venres, 03 de xullo de 2009 | 02:32

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

Novas

Logo do premio

O GALARDÓN BUSCA RECOÑECER O LABOR DOS XORNALISTAS GRÁFICOS

A web do I Premio a Imaxe de Galicia xa está activa

[02/07/2009] O Premio A Imaxe de Galicia, convocado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, coa colaboración e o patrocinio da Fundación Caixa Galicia, xa ten activa a súa páxina web. No enderezo www.imaxedegalicia.com podense consultar as bases do galardón e descargar o formulario de inscrición.


ACUSADO DE DESOBEDIENCIA Á AUTORIDADE, O QUE NEGA O FOTOXORNALISTA

O fotógrafo asturiano Alejandro Zapico sancionado en Xixón a pesar de portar acreditación

[02/07/2009] O fotógrafo Alejandro Zapico, autor da película documental El Astillero. Desculpen as Molestias, free lance para diversos medios, entre os que figuran La Nueva España, El Comercio e a axencia mexicana Notimex, foi sancionado por un axente antidisturbios e requirido a abandonar o estaleiro de Xixón cando cubría o conflito que enfrontou aos traballadores do peirao coa policía a mediados do pasado maio.


A CANLE PRESCINDE DOS CORRECTORES LINGÜÍSTICOS

O 1 de xullo: O primeiro gran recorte na IB 3

[01/07/2009] O primeiro gran recorte na IB 3 xa ten data. O 1 de xullo. Non será un gran recorte en cifras, senón nunha das poucas marcas de calidade que ten a radiotelvisió autonómica. O 1 de Xullo, no medio doutro silencio clamoroso de medios de comunicación, UIB e partidos políticos (os que mandan e os que non mandan), a dirección do ente público deixará de facerse responsable da corrección lingüística das emisións da radio e televisión autonómica.


A ÚLTIMA QUE QUEDABA EN GALICIA DO DIARIO GRATUÍTO

'Que!' pecha a súa delegación en Vigo

[01/07/2009] O diario gratuíto do grupo Vocento pecha dúas novas delegacións, a de Alacante e a de Vigo. Deste xeito, Que! pecha a última delegación que lle quedaba na comunidade galega. Onte, 30 de xuño, foi o último día que as cabeceiras de Vigo e Alacante saíron á rúa. O martes pasado, o grupo de comunicación confirmaba a este diario o peche da delegación do gratuíto na cidade da Coruña.


BALEAS BICUDAS E CALDEIRÓNS VOLVEN ÁS AUGAS CANARIAS

Os cetáceos deixan de varar co silencio dos sonares militares

[24/06/2009] A profesora da Universidade de La Laguna Natacha Aguilar destacou este martes que os embarrancamentos masivos de cetáceos cesaron nas augas canarias desde que non se usan os sonares da OTAN nun radio de cincuenta millas arredor do arquipélago africano.


| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | Seguintes

Filtrar novas




© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación