Martes, 07 de setembro de 2010 | 05:37

Colexio Profesional de xornalistas de Galicia



Novas

O deputado do BNG Anxo Quintana

PIDE POR ESCRITO QUE A XUNTA FAGA PÚBLICAS AS CANTIDADES QUE RECIBIU CADA EMPRESA XORNALÍSTICA NOS ANOS 2009 E 2010

O BNG pregunta a Feijóo cantos cartos deu a cada medio galego

[06/09/2010] O BNG, a través do deputado Anxo Quintana, rexistrou unha pregunta no Parlamento de Galicia na que pide á Xunta, por escrito, as cantidades que recibiu cada medio de comunicación galego por parte da Xunta de Galicia, dende todos os departamentos, no ano 2009 e no que vai de 2010.


COMO CONSECUENCIA DA SÚA SITUACIÓN ECONÓMICA PRECARIA

O Colexio de Xornalistas lamenta o peche do histórico A Nosa Terra

[03/09/2010] O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta o peche da versión en papel de A Nosa Terra, semanario en galego con máis dun século de historia que deixará de estar nos quioscos como consecuencia da súa precaria situación económica.


ANTE OBSERVACIÓNS REALIZADAS POR ACHEGADOS DA FAMILIA

O Colexio de Xornalistas insta a actuar con rigor no caso da desaparición de Sonia Iglesias

[02/09/2010] Ante algunhas observacións realizadas ante o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) por persoas achegadas á familia de Sonia Iglesias, a Xunta de Goberno fai un chamamento a medios e a profesionais para teñan unha especial observancia dos condicionamentos deontolóxicos da profesión, en especial os referidos á diferenza entre feitos e suposicións, e ao dereito á intimidade das persoas.


O XUÍZ PEDRAZ ORDENOU A SÚA DETENCIÓN

EEUU di que os militares do 'caso Couso' foron absoltos polo Pentágono

[30/07/2010] O Departamento de Estado de Estados Unidos sinalou este xoves que os tres militares estadounidenses presuntamente responsables da morte do cámara español de Telecinco José Couso no Hotel Palestina de Bagdad, cuxa busca e captura ordenou este xoves o xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz, foron absoltos polo Pentágono.


Subtitulado en RTVE

OS ANUNCIOS ESTÁN EXCLUÍDOS DAS OBRIGAS DA LEI AUDIOVISUAL

As persoas con discapacidade piden que a publicidade na televisión sexa accesible

[27/07/2010] O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) formulou ao Goberno estatal unha modificación normativa da Lei Xeral de Publicidade que obrigue en que todos os anuncios que se emitan por canles de televisión sexan accesibles persoas con discapacidade.


| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | Seguintes

Filtrar novas




Voltar