Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Martes, 09 de febreiro de 2010 | 07:50

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

Novas

NUN SEMINARIO SOBRE INTERNET NO COLEXIO DE AVOGADOS DE MADRID

O presidente do Senado di que a sentenza á SER senta un precedente "estraño"

[08/02/2010] O presidente do Senado, Javier Rojo, afirmou que a sentenza ao director da Cadea SER, Daniel Anido, e o director de Informativos, Rodolfo Irago, senta un precedente "cando menos estraño" do papel dos medios de comunicación en Internet.


Federico Jiménez Losantos

CONSIDERA QUE PREVALECE A LIBERDADE DE EXPRESIÓN EN CONTEXTOS DE CONTENDA POLÍTICA

O Supremo revoga a sentenza que condenaba á Cope e Jiménez Losantos a indemnizar a ERC

[05/02/2010] O Tribunal Supremo revogou a sentenza que hai dous anos condenou á Cadena Cope e a Federico Jiménez Losantos a indemnizar con 60.000 euros aos dirixentes de Esquerra Republicana de Catalunya, Carod-Rovira e Joan Puigcercós.


Concentración en Prado del Rey

MANIFESTACIÓN PREVIA Á FOLGA O 27 DE FEBREIRO

Apróbase o calendario de paros e constitúese o comité de folga en RTVE

[05/02/2010] En reivindicación dun plan de produción propia, o Comité Xeral Intercentros de RTVE convoca paros, o día 17 de febreiro, de 13:00 a 15:00 e de 19:00 a 21:00 horas, e unha manifestación, o día 27 de febreiro, preámbulos para a folga de 24 horas prevista para o día 3 de marzo.


O PRESIDENTE DA FEGAMP ÍA ESTAR O MÉRCORES 10 NOS ENCONTROS DO CPXG

Adiado o 'Almorzo On/Off' con Carlos Antonio Fernández Castro

[05/02/2010] O encontro co presidente da FEGAMP queda adiado por problemas de axenda. Carlos Antonio Fernández Castro non poderá estar o mércores 10 no 'Almorzo On/Off' programado en Lugo, polo que pregamos desculpen as molestias.


PÓDENSE ENVIAR CANDIDATURAS ATA O 26 DE FEBREIRO

Aberta a VI edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa

[15/01/2010] A Galería Sargadelos de Ferrol acolleu esta mañá a presentación da VI edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, en colaboración con Caixanova.


| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | Seguintes

Filtrar novas




© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación