[30/01/2007] A cadea de televisión Telesur, impulsada por Venezuela, chegará este ano a Europa. Entre os seus proxectos figura tamén iniciar transmisións en portugués e crear unha produtora de deportes.
[30/01/2007] A cadea pública nipona de televisión NHK foi condenada onte a pagar 16.400 dólares por manipular un programa que acusaba ás autoridades de permitir a escravitude sexual da muller durante a Segunda Guerra Mundial.
[29/01/2007] A Fiscalía da Seguridade do Estado exipcio sentenciou que a xornalista da canle de televisión Al Jazeera Huwaida Taha debe responder ante un tribunal penal por preparar unha reportaxe sobre a tortura nos cárceres de Exipto.
[27/01/2007] "As radios comunitarias no leste europeo e en España non gozan do recoñecemento necesario que lles permita exercer o dereito á comunicación e se lles limita así a liberdade de expresión", destacou Mariano Sánchez na mesa da Campaña polos Dereitos da Comunicación na Sociedade da Información (CRIS).
[23/01/2007] Dezasete novos xuízos contra a Compañía da Radio Televisión de Galicia (CRTVG) comezan esta semana en Lugo e Ferrol. Os demandantes, que traballan nas delegacións do ente, reclaman que se lles recoñeza a súa vinculación laboral directa coa CRTVG.
Anteriores | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | Seguintes
© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS