[07/07/2010] A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) quere expresar a súa satisfacción pola decisión do Tribunal Supremo de ordenarlle á Audiencia Nacional a reapertura da investigación pola morte do cámara galego de Telecinco, José Couso, no Hotel Palestine de Bagdad, en abril de 2003.
[18/07/2008] Non só hai importante irregularidades contables, senón que a dirección da Radio Televisión de Andalucía, maquillou os datos para camuflar as perdas. É dicir, os 112 millóns de euros que Canal Sur Televisión perdeu no ano 2006, ano de referencia do informe, son encaixados baixo a forma de accións que compra a Xunta de Andalucía á entidade.
[04/07/2008] O Laboratorio de Comunicación Pública (LCP) da UAB elaborou un Mapa interactivo dos Medios Comunicación en Cataluña concibido como un espazo web para compartir coñecementos entre xornalistas, estudantes de xornalismo e cidadás e cidadáns interesados.
[27/07/2007] O ex secretario de Estado de Comunicación con Aznar, Pedro Antonio Martín Marín, insiste en que quere converterse en presidente da TV pública madrileña.
[24/07/2007] Co obxectivo de facilitar o acceso a unha parte do patrimonio audiovisual galego aos programadores das novas canles de televisión dixital terrestre e a outros emisores, así como ao público en xeral, o secretario xeral de Comunicación da Xunta, Fernando Salgado, e o director xeral da CRTVG, Benigno Sánchez, subscribiron un protocolo de colaboración polo que a Xunta favorecerá a maior difusión posible dos fondos de TVG en formato dixital.
Anteriores | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Seguintes
© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS