[06/07/2007] O grupo formado por distintas persoas do mundo da cultura 'A Lamentable Penya da casa Leopoldo' convocará un premio de xornalismo en memoria de quen fora o degà do Col.legi de Periodistes de Catalunya, o desaparecido Josep Maria Huertas Claveria, que se outorgará o 4 de marzo, día da morte do xornalista este mesmo ano, e publicarán a editorial 'La Campana' ou 'RBA' en función de se é en catalán ou en castelán.
[03/07/2007] O próximo sábado, o programa «España Directo» cumprirá dous anos na grella de Televisión Española. Cargado de polémica nos seus inicios pola externalización da súa produción, o espazo de reportaxes disparou os sinais de alarma en Telemadrid desde a primeira entrega.
[02/05/2007] A Federación de Asociacións de Xornalistas de España (FAPE) manifestou onte a súa preocupación pola "crispación" no debate político e os "ataques" contra a liberdade de expresión que realizan os partidos, con motivo da celebración o próximo día 3 de maio do XVII Día Internacional da Liberdade de Expresión.
[01/03/2007] A folga xeral de Telemadrid do pasado 5 de decembro "só era o primeiro paso dunha serie de mobilizacións que terán lugar ata as eleccións". Así o manifestaron os sindicatos da cadea autonómica madrileña nunha das súas follas sindicais no mes de novembro e así está a suceder.
[31/01/2007] Foron máis de catrocentos mil minutos de emisión de publicidade nun ano, o que supón case sete mil horas de anuncios. É o que nos ofertaron as cadeas nacionais e autonómicas de TV ó longo de 2006.
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | Seguintes
© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS