Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Martes, 07 de setembro de 2010 | 05:44

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

Novas

INSPECCIONARÁ O LUGAR DOS FEITOS

O xuíz ordena deter aos militares sospeitosos de matar a José Couso

[29/07/2010] O xuíz Pedraz ordena busca e captura e ingreso en prisión para os tres militares estadounidenses sospeitosos da morte de José Couso, e pide autorización ao CGPJ para viaxar a Iraq entre outubro e novembro para facer unha inspección ocular de lugares dos feitos.


OS SINDICATOS MINORITARIOS, QUE CONVOCARON O PARO, FALAN DUN SEGUIMENTO DO 40% E O ENTE DO 8%

Unha película de hai 50 anos "cobre" a folga de RTVE

[19/05/2010] Os sindicatos minoritarios de RTVE -APLI, Alternativa, CGT e USO- convocaron onte dous paros de dúas horas cada un, coincidindo coa celebración en Madrid do cumioa entre a Unión Europea e América Latina-Caribe para pedir que a televisión e a radio públicas usen máis produción propia para elaborar os seus contidos.


A 'SOPAPOS' NA TVG

A Televisión de Galicia abre un expediente informativo tras unha agresión entre un produtor e un redactor

[14/04/2010] A dirección da TVG abriu onte un expediente informativo a dous dos seus traballadores despois de que estes protagonizasen un altercado nas instalacións da compañía pública a media mañá.


NON TIÑA LICENZA E INTERFERÍA NAS EMISORAS LEGAIS

A radio pirata de Jiménez Losantos deixa de emitir en Barcelona e Tarragona

[03/03/2010] A cadea esRadio, que dirixe Federico Jiménez Losantos e que emitía sen licenza nas cidades de Barcelona (103.0 FM) e Tarragona (98.7 FM), deixou este luns de oírse nestas provincias.


A NACIONALISTA ANA PONTÓN SINALA QUE A NOVA NORMA DEBE PERMITIR UN ESPAZO DE INTERVENCIÓN MÁIS AMPLO PARA AS CCAA

Piden un proxecto de lei audiovisual que impulse o pluralismo lingüístico

[02/10/2009] A deputada do BNG Ana Pontón presentou onte unha iniciativa parlamentaria na que insta á Xunta a presentar alegacións na fase de exposición pública do proxecto de lei xeral de comunicación audiovisual, que prepara o Goberno central, para que "respecte as competencias da Xunta" nesta materia e "fomente o pluralismo cultural e lingüístico".


| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | Seguintes

Filtrar novas




© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación