Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Xoves, 02 de setembro de 2010 | 21:29

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

Novas

ANTE OBSERVACIÓNS REALIZADAS POR ACHEGADOS DA FAMILIA

O Colexio de Xornalistas insta a actuar con rigor no caso da desaparición de Sonia Iglesias

[02/09/2010] Ante algunhas observacións realizadas ante o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) por persoas achegadas á familia de Sonia Iglesias, a Xunta de Goberno fai un chamamento a medios e a profesionais para teñan unha especial observancia dos condicionamentos deontolóxicos da profesión, en especial os referidos á diferenza entre feitos e suposicións, e ao dereito á intimidade das persoas.


O presidente e conselleiro delegado do grupo editor da Nosa Terra, Afonso Eiré, na súa redacción (Foto: Lalo R. Villar)

O MEDIO EN GALEGO MÁIS VETERANO CONVÉRTESE EN DIARIO DIXITAL TRAS SUSPENDER PAGOS

'A Nosa Terra' vólvese virtual

[01/09/2010] Leva máis dun século sorteando dificultades, censuras directas ou encubertas e obstáculos de toda índole. Pero sobrevivindo. Aínda que a partir de hoxe, de novo e por enésima vez na súa historia, a cabeceira da prensa en galego máis antiga, A Nosa Terra, faltará á súa cita semanal cos quioscos.


MENTRES SE MANTÉN A CONCESIÓN MILLONARIA DOS SERVIZOS INFORMATIVOS

SBT despide sete traballadores dos informativos da radio e televisión autonómica

[26/08/2010] A empresa concesionària dos servizos informativos de IB3 despediu sete traballadores da radio e a televisión pública. Este ano son xa 48 os traballadores despedidos por esta empresa propiedade de Jacinto Farrús.


O XUÍZ PEDRAZ ORDENOU A SÚA DETENCIÓN

EEUU di que os militares do 'caso Couso' foron absoltos polo Pentágono

[30/07/2010] O Departamento de Estado de Estados Unidos sinalou este xoves que os tres militares estadounidenses presuntamente responsables da morte do cámara español de Telecinco José Couso no Hotel Palestina de Bagdad, cuxa busca e captura ordenou este xoves o xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz, foron absoltos polo Pentágono.


Subtitulado en RTVE

OS ANUNCIOS ESTÁN EXCLUÍDOS DAS OBRIGAS DA LEI AUDIOVISUAL

As persoas con discapacidade piden que a publicidade na televisión sexa accesible

[27/07/2010] O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) formulou ao Goberno estatal unha modificación normativa da Lei Xeral de Publicidade que obrigue en que todos os anuncios que se emitan por canles de televisión sexan accesibles persoas con discapacidade.


| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | Seguintes

Filtrar novas




© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación