'Crea a túa Marca Persoal: como usar as redes sociais de forma segura e profesional'

O Centro UNED de Ourense organiza entre os días 2 e 11 de maio o Curso de Extensión Universitaria Crea a túa Marca Persoal: como usar as redes sociais de forma segura e profesional. O curso vaise desenvolver na ala de Informática do centro (Torres do Pino, s/n, Ourense).

O custo da matrícula e de 45 euros, cun prezo reducido de 25 euros para persoas en situación de desemprego. O programa de formación vai constar de 20 horas lectivas presenciais, que se van desenvolver de acordo co seguinte programa:

Martes 2 de maio

16:30-20:30 h. Creación da Marca Profesional. Como te diferencias da competencia e como debes comunicalo para aumentar a túa visibilidade e mellorar o teu posicionamento en Internet. Creación ou modificación de perfís de Facebook e Twitter en relación coa Marca Profesional / Empresarial. Cal é o grao de privacidade que debo usar e que cousas non podo publicar.

Xoves, 4 de maio

16:30-20:30 h. Creación ou modificación dos perfís profesionais en Google+, LinkedIn, Youtube e Vimeo. Dependendo da orientación laboral (En busca activa de emprego, con emprego pero con ganas de abrir novas vías profesionales, mellorar a imaxe online…) crearanse perfís nunha rede social ou noutra. Ademais verase a posibilidade de creación dun blog e como sacar o maior rendemiento. Como usar as Redes Sociais de forma segura.

Martes, 9 de maio

16:30-20:30 h. Creación ou modificación dos perfís en redes sociais de fotografía (Instagram, Pinterest ou Flickr). Crearanse códigos QR de cada persoa para diferenciarte á hora de enviar un CV ou para, simplemente, aumentar a túa visibilidade. Uso de Hootsuite (para programar as túas publicacións e non perder demasiado tempo).

Xoves, 11 de maio

17:00-20:00 h. Dropbox (para almacenar información na nube e que podas conservar os teus datos aínda que se estropee o teu computador, tablet ou móbil), Google Alertas (Crear alertas cun determinado tema ou traballo para que cando se publique en internet algo relacionado co tema chegue automáticamente ao correo). E aprende a Monitorizar (Coñecer o que se di de ti en internet ou dun determinado asunto que te interese)

O curso estará impartido por Alba Adá Lameiras, licenciada en Xornalismo e experta en Comunicación 2.0, coordinado por Jesús Alberto Carballo Bouzas, licenciado en Psicoloxía e Profesor Tutor de Psicoloxía UNED de Ourense, e dirixido por Tiberio Feliz Murias, profesor titular de Didáctica, Organización Escolar e Didácticas Especiais da Faculdade de Educación-UNED. 

Máis información e formulario de matrícula aquí.

A realización do curso está suxeita á inscrición dun número suficiente de alumnos.