Como conseguir subscritores para o teu medio dixital

O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online 'Como conseguir subscritores para o teu medio dixital', que se desenvolverá do 16 ao 30 de setembro. O curso, dunha duración de 6 horas, ten prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.

O obxectivo deste curso é mostrar estratexias seguidas por medios de todo o mundo para aumentar os ingresos procedentes dos usuarios. Analizaranse tendencias xerais e repasaranse casos concretos nos que os medios estean a conseguir subscritores, socios ou doantes.

O curso estará impartido por Ismael Nafría Mitjans. Xornalista, escritor, consultor, profesor e conferenciante especializado en medios dixitais, é autor do libro La reinvención de The New York Times (2017) e editor do boletín “Tendenci@s” sobre medios dixitais. Foi xornalista en residencia do Knight Center for Journalism in the Americas da Universidade de Texas en Austin (EE.UU.) durante o curso 2016-2017. Previamente traballou como director de contidos dixitais e de innovación dixital no Grupo Godó (2008-2016) e como subdirector de contidos de Prisacom (2005-2008).

En virtude dos acordos da Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, o Col·legi ofrece aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e do resto de colexios a posibilidade de seguir este curso online nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi de Periodistes de Catalunya, cun prezo de 24 euros.

Para beneficiarse do prezo reducido é necesario seleccionar, no momento de facer a inscrición na web, a opción de prezo correspondente á Rede de Colexios. A posteriori, cómpre enviar por correo a cfd@periodistes.cat unha foto do carné de colexiado para certificar a pertenza ao Colexio.

Nota legal:

A persoa que envía o correo electrónico cos datos requiridos anteriormente declara que voluntariamente comunica ao COL·LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA (en diante CPC) para incorporalos na base de datos da Entidade, xa sexa en soporte papel, informático ou outros, o cal obriga ao CPC a gardar segredo profesional con respecto aos datos que lle foron cedidos, coa finalidade de dar resposta á solicitude de inscrición que a persoa remitiu, e a enviarlle información sobre o desenvolvemento do curso ao cal se inscribiu e de cursos de formación futuros. Así mesmo, autorízalle a tratar e almacenar estes datos segundo as medidas de seguridade establecidas no Regulamento Europeo 679/2016, de 27 de abril, de Protección de Datos.

O usuario ha de saber que encher o formulario e enviar os datos solicitados implica que a información reflectida neste aviso foi lida e aceptada expresamente e que en consecuencia, outorga o seu consentimento inequívoco e explícito ao tratamento dos seus datos persoais conforme á finalidade explicada. De conformidade cos artigos 15-22 do mencionado Regulamento Europeo de Protección de Datos, o CPC informa que a persoa que asina pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidad, esquecemento e limitación ao tratamento dos seus datos en calquera sede do CPC. Para máis información, pode consultar a Política de Privacidade do CPC en: www.periodistes.cat/politica-de-privadesa