Curso online sobre Personal Branding 3.0

O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online sobre Personal Branding 3.0, que se desenvolverá do 1 ao 29 de abril. O curso, dunha duración de 10 horas, ten prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG

Neste curso ensinarase a definir a Marca Persoal, a concretar os valores engadidos e puntos fortes, a planificar a estratexia e accións de comunicación, promoción e vendas. Tamén se mostrará como desenvolver as competencias dixitais e de networking para facer fronte ao novo mercado laboral cambiante. Combinarase a exposición da parte teórica a través de vídeos, coa realización de distintas actividades prácticas.

O curso estará impartido por Chal Jiménez Vinuesa, especialista en márketing dixital e social media, consultor e asesor en RRPP e Personal Branding, director xeral da axencia LaLio e autor do libro Marca la Diferencia. Imparte cursos sobre digital management e habilidades directivas en distintos centros e universidades como ESIC, UIC, Blanquerna, EAE, etc.

En virtude dos acordos da Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, o Col·legi ofrece aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e do resto de colexios a posibilidade de seguir este curso online nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi de Periodistes de Catalunya, cun prezo de 40 euros.

Para beneficiarse do prezo reducido é necesario seleccionar, no momento de facer a inscrición na web, a opción de prezo correspondente á Rede de Colexios. A posteriori, cómpre enviar por correo a cfd@periodistes.cat unha foto do carné de colexiado para certificar a pertenza ao Colexio.

Nota legal:

A persoa que envía o correo electrónico cos datos requiridos anteriormente declara que voluntariamente comunica ao COL·LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA (en diante CPC) para incorporalos na base de datos da Entidade, xa sexa en soporte papel, informático ou outros, o cal obriga ao CPC a gardar segredo profesional con respecto aos datos que lle foron cedidos, coa finalidade de dar resposta á solicitude de inscrición que a persoa remitiu, e a enviarlle información sobre o desenvolvemento do curso ao cal se inscribiu e de cursos de formación futuros.Así mesmo, autorízalle a tratar e almacenar estes datos segundo as medidas de seguridade establecidas no Regulamento Europeo 679/2016, de 27 de abril, de Protección de Datos.

O usuario ha de saber que encher o formulario e enviar os datos solicitados implica que a información reflectida neste aviso foi lida e aceptada expresamente e que en consecuencia, outorga o seu consentimento inequívoco e explícito ao tratamento dos seus datos persoais conforme á finalidade explicada. De conformidade cos artigos 15-22 do mencionado Regulamento Europeo de Protección de Datos, o CPC informa que a persoa que asina pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidad, esquecemento e limitación ao tratamento dos seus datos en calquera sede do CPC. Para máis información, pode consultar a Política de Privacidade do CPC en: www.periodistes.cat/politica-de-privadesa