Dereito para xornalistas

O Colegio de Periodistas de Castilla y León e a Universidade de Salamanca organizan o curso on-line de especialización profesional Dereito para xornalistas, que se desenvolverá do 21 de outubro ao 1 de decembro do 2019. O curso ten matrícula a prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.

A relación entre os xornalistas e o dereito é complexa, condiciona a práctica profesional en todas as súas fases e está chea de matices e cambios. No exercicio do seu traballo, os profesionais da comunicación están protexidos polo dereito do acceso á información, así como pola liberdade de expresión. Pero esta protección non é absoluta, xa que existen casos nos que se producen conflitos entre a actividade informativa e aspectos protexidos polo ordenamiento xurídico. Doutra banda, no momento da publicación do seu traballo, o dereito preséntase como unha ferramenta útil para o informador tanto á hora de explotar os resultados da súa actividade como de defenderse fronte a usos non autorizados dos seus traballos, e tamén á hora de protexerse fronte a situacións conflictivas derivadas da publicación de informacións ou datos de carácter sensible.

Este curso ten como obxectivos coñecer as cuestións, situacións e problemas xurídicos máis relevantes ás que se enfrontan os xornalistas nos diferentes momentos de desenvolvemento da súa actividade e, doutra banda, ofrecer unha visión clara e acorde ao dereito sobre a regulación existente e sobre as posibles solucións ou recursos que a lei ofrece aos profesionais da información para desenvolver o seu traballo con seguridade e de acordo ao marco legal español.

O curso está dirixido por Vanessa Jiménez Serranía, profesora de Dereito Mercantil da Universidade de Salamanca. O custo da matrícula e de 119 euros, cun prezo reducido de 89 euros para colexiados e colexiadas do CPXG. O curso vai constar de 60 horas lectivas.

Máis información e matrícula na web do Colegio Profesional de Periodistas de Castilla y León.